GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. (GADISA), con domicilio no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos - A Coruña (España), CIF: A-15106925, e con e-mail: buzon@gadisa.es, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 522, libro 288, sección 3.ª de Sociedades, folio 15, folla 3113, inscrición 1.ª, abriu este site "www.gadisa.es" (Concepto e desenvolvemento Setting interactive), para a información persoal dos seus usuarios.
A utilización por parte do usuario do sitio web https://www.gadisa.es, e todos os subdominios incluídos neste (en diante, sitio web), queda suxeita ao cumprimento das condicións xerais de acceso e utilización detalladas máis adiante e ao conxunto de leis aplicables.
O acceso ao sitio web é gratuíto e para navegar por este non é necesario que revele a súa identidade nin facilite ningún dato persoal. Desde o momento en que vostede decida acceder ao sitio web e que navegue por el e o utilice, vostede está a aceptar sen reserva as Condicións Xerais.
INFORMACIÓNS SOBRE SERVIZOS.
Este sitio web constitúe unha presentación xeral dos servizos que presta Grupo GADISA. A información e os datos descritos nel son de carácter meramente informativo; solicitamos que para confirmar calquera dato se poñan en contacto con GADISA.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL DESTA PÁXINA WEB.
O contido e os elementos que integran o sitio web son propiedade ou atópanse baixo o control de Grupo GADISA, estando protexidos sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos tratados e convenios internacionais que resultasen de aplicación. Para estes efectos, considerarase como contido: as fotografías, textos, slogans, deseños, imaxes e secuencias animadas, sonoras ou non, así como todas as obras integradas. Grupo GADISA é o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e análogos que puidesen recaer sobre o sitio web, quedando reservados a favor do Grupo todos os dereitos sobre calquera contido e elementos da súa propiedade que se incorporasen no sitio web.
Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, precisa o consentimento previo e expreso por escrito dirixido a GADISA, agás cando se indique o contrario.
Os nomes GADISA, GADIS, GADIS HIPER, CLAUDIO, MANDUKA, CASHIFA, CASA CLAUDIO e GADISLINE, así como os seus logotipos, son marcas rexistradas propiedade de Grupo GADISA. A reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a autorización de GADISA será constitutiva de delito tipificado no vixente Código penal.
LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
GADISA reserva para si o dereito de modificar as informacións que figuran neste sitio web, relativas ás características dos seus servizos, en todo momento. As características dos servizos presentados no web site "www.gadisa.es" son as existentes no momento da súa posta en liña ou da actualización das diferentes páxinas da web.
Por outro lado, Grupo GADISA non pode asumir responsabilidade:
Neste sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión por parte do usuario medio, polo que Grupo GADISA non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de Grupo GADISA no exercicio das súas funcións.
Así mesmo, as informacións sobre os servizos corresponden á definición do momento da posta en liña das páxinas do sitio web non son proporcionadas máis que a título indicativo, e non serán consideradas como constituíntes dunha oferta contractual de servizos procedentes de Grupo GADISA.
Grupo GADISA non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario.
LIGAZÓNS HIPERTEXTO
A actualización dunha ligazón hipertexto cara ao sitio web "www.gadisa.es" necesita unha autorización previa escrita por GADISA. Se desexa incluír no seu sitio web unha ligazón hipertexto cara ao de GADISA, debe contactar co responsable do sitio web. Grupo GADISA non pode en ningún caso ser responsable da actualización dos sitios web que fan unha ligazón hipertexto e non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, os produtos, os servizos, etc., dispoñibles nestes ou a partir deles. POSTA AO DÍA DAS CONDICIÓNS XERAIS DESTA PÁXINA WEB
GADISA reserva para si o dereito de modificar e actualizar en calquera momento o acceso ao sitio web, así como as Condicións Xerais desta páxina web. Estas modificacións e actualizacións afectan o usuario no sentido de que debe acudir a esta sección para verificar as Condicións Xerais desta páxina web en vigor.
PROTECCIÓN DE DATOS
O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal. Aínda que no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadisa.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos os usuarios dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:
Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou portabilidade de datos a través dos seguintes medios:
Indicando en REF:
e achegando, en todos os casos, fotocopia do DNI. Igualmente, ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.
GADISA cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal; por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios, estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.
DEREITO APLICABLE
As Condicións Xerais desta páxina web están sometidas ao dereito español. O idioma das Condicións Xerais desta páxina web é o español. En caso de litixio, os tribunais españois serán os únicos competentes.
- Ou inicie sesión usando -
Ao conectar a súa conta de redes sociais, vostede acepta a nosa termos e condicións e a Política de privacidade